Mostrando entradas con la etiqueta EXTRAESCOLAR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXTRAESCOLAR. Mostrar todas las entradas

domingo, 15 de septiembre de 2013

Viaxe de fin de curso

Tódolos anos o IES As Mariñas planifica para o alumnado da ESO unha actividade de fin de curso que consiste nunha viaxe con carácter lúdico y didáctico.

Este curso elixiuse Lugo e Foz e a visita tivo lugar o día 20 de xuño pasado.

A visita a Lugo contemplou os seguintes eventos:
  • ·        Recorrido variado pola parte antiga da cidade.
  • ·        Recorrido específico comentado pola Muralla.
  • ·        Visita guiada ao Museo Provincial.

En Foz, os obxectivos foron principalmente lúdicos:
  • ·        Compartir como grupo comida ao aire libre e entretemento.
  • ·        Estadía na praia con xogos e baño.
  • ·        Paseo pola cidade.


Este vídeo mostra imaxes ilustrativas do que foi a visita e foi elaborado por unha persoa do grupo e entregado como un fermoso agasallo de fin de curso de todo o grupo ao seu titor.


Moitas grazas.