lunes, 26 de noviembre de 2012

Recollida solidaria de alimentos, xoguetes, ..., para a Cruz Vermella

Por iniciativa do alumnado do segundo curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, estanse a recoller principalmente alimentos, para axudar á Cruz Vermella na súa teima admirable e solidaria, para atender a quen máis o necesita.

Pódense traer principalmente alimentos, pero tamén algún xoguete ou obxecto que poida aliviar algo a situación das familias máis desfavorecidas.

Se te animas a colaborar, debes saber que os alimentos non perecederos son os adecuados, xa que é desexable unha longa duración para que cheguen aos seus destinatarios finais en bo estado. Así pois, pasta, arroz,  conservas, aceites, bebidas, ..., poden resultar o mellor para axudar.

A campaña durará ata o 5 de decembro.

Anímate e colabora traendo algunha cousa, por pequena que sexa. Moitos grans fan unha montaña.

Tamén podes engadir algún comentario sobre o que trouxeches ou vas traer, ou de ánimo a esta iniciativa.

Podemos felicitarnos tod@s polo éxito desta iniciativa:
¡¡¡Máis de 400 kg de alimentos!!!
Vaian cos nosos mellores desexos.

jueves, 22 de noviembre de 2012

Traballo sobre os climas e as paisaxes do mundo




A profesora de Ciencias Sociais, Merchi Orjales, propón este interesante traballo:

   Imos realizar unha serie de presentacións (power-point ou equivalente) sobre os climas do mundo.
   Para isto, dividirei a clase por parellas (aínda que alguén terá que traballar só). Cada parella encargarase de elaborar unha sinxela, pero ben traballada, presentación sobre un dos oito grandes climas e paisaxes do mundo.
   Non se trata de facer traballos longuísimos, senón ben elaborados, claros e limpos.
   Se están ben feitos, colgareinos na Aula Virtual para que podades velos todos/as dende a casa ou calquera outro lugar.
   Nun principio, o traballo farémolo na clase de Sociais, pero poderedes empregar tamén algunha clase de titoría ou proxecto inderdisciplinar (xa o falei co voso titor/a).
   Cando todas as presentacións estean feitas verémolas na aula.
   ÁNIMO, este é o primeiro traballo importante do curso!!!

miércoles, 14 de noviembre de 2012


Programa diversidade cultural




Ante a existencia no noso Centro de alumnado de diferentes nacionalidades, e a iniciativa do Departamento de Orientación do Instituto vaise desenvolver nos diferentes cursos da ESO, un programa interdisciplinar de diversidade cultural.

Este programa se realizará como traballo da clase de titoría e contará cunha posta en común do material elaborado polos diferentes grupos.

As nacionalidades do alumnado da ESO, existentes no Centro actualmente son as seguintes:


-       ARXENTINA
-       BRASIL
-       EEUU
-       FRANCIA
-       ROMANÍA
-       MOLDAVIA
-       PERÚ
-       REPÚBLICA DOMINICANA
-       VENEZUELA
-       COLOMBIA
-       SUIZA
-       ESPAÑA

Podemos poñernos en folga?

Na Lei Orgánica 2/2006, na Disposición derradeira primeira aparece a modificación da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación:

«1. Todos os alumnos teñen os mesmos dereitos e deberes, sen máis distincións que as derivadas da súa idade e do nivel que estean cursando.»  (…)
«Co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos nos centros educativos e facilitar o seu dereito de reunión, os centros educativos establecerán, ao elaborar as súas  normas de organización e funcionamento, as condicións en que os seus alumnos poden exercer este dereito. Nos termos que establezan as administracións educativas,as decisións colectivas  que adopten os alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria obrigatoria, con respecto á asistencia á clase non terán a consideración de faltas de conduta nin serán  obxecto de sanción, cando estas fosen resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan comunicadas previamente á dirección do centro


É dicir, o alumno ten dereito a non ser sancionado disciplinariamente e a que non se lle teña en conta como falta de conduta o feito de non acudir a clase, sempre e cando se dean os seguintes requisitos:
1º que os alumnos sexan de 3º da ESO, ou dun curso superior.
2º que a inasistencia a clase sexa o resultado dunha decisión colectiva.
3º que tal decisión sexa comunicada previamente á dirección do centro.

Podes consultar máis neste blog.

Sobre todo isto conviña establecer:

  1. Que é unha folga?
  2. É legal? Está recoñecida nalgunha lei?
  3. Por que hai folgas?
  4. Que lle pasa a unha persoa cando se pon en folga? Poden sancionala?
  5. Poñerse en folga é una decisión individual ou colectiva?
  6. Cando hai folga, se pode ir traballar?
  7. Que é un piquete? Que funcións pode ter? 




jueves, 8 de noviembre de 2012

Unha "importante" noticia difundida en varios xornais e na TVG



El pie de Thiago


La naturaleza es caprichosa y tan sorprendente como la zanahoria que el dueño del bar Xoxe's obtuvo en su huerto y ahora guarda como talismán en la nevera de su establecimiento.
El tubérculo es excepcional pues tiene la forma exacta de un pie con todas sus partes, desde el talón a las cinco falanges y mide unos diez o quince centímetros de longitud.
Y las casualidades se han sumado en este hallazgo, de modo que en el restaurante pronto bautizaron la extremidad como el "pie de Thiago".
Ocurre que el Xoxe´s es una de las principales sedes de las peñas barcelonistas de Vilagarcía y la rolliza zanahoria se recogió precisamente hace una semana, coincidiendo con el feliz natalicio del hijo del que se cree mejor futbolista del mundo en estos momentos. Por ello, los fans del Barça decidieron bautizar la zanahoria como el "pie de Thiago" pues como se puede observar en la foto tiene esa forma de la extremidad de un bebé.
En el bar decidieron conservar este amuleto y lo cierto es que los forofos del equipo culé han tenido mucha suerte con el Celta de Vigo, al que metieron tres goles el último partido.
De momento, la zanahoria se conserva aceptablemente en el congelador y raro es el día que alguien no quiere verla porque ya hay quien cree que tiene efectos de suerte no solo para Messi sino para el equipo de Vilanova.
Por eso, en el Xoxe's pretenden que se conserve toda la Liga y por ello seguirá en el congelador hasta que aguante.
....


Se fas un comentario ao respecto, gustaríanos que valoraras de 0 a 10, os seguintes aspectos:
  1. A importancia da noticia.
  2. O curiosa que resulta.
  3. O interese que ten para quen a le.
  4. O interese informativo.
  5. O adecuado que resulta que saia pola televisión.


miércoles, 7 de noviembre de 2012


A porta misteriosa

No baixo do Centro, atópase esta enigmática e decorativa porta:



Disque tras dela atópanse miles de persoeiros na espera de ser coñecidos por alguén, e mesmo pódese  saber o que din ou o que dixeron hai tempo.
Calquera que coñeza os seus segredos, debería contalos aos demais.

Exposición de produtos da terra.

Na entrada principal do Centro hai unha exposición promovida polo Equipo de Dinamización Lingüística, de produtos que se obteñen nas terras galegas.

Hai castañas, follas de árbores autóctonas, millo, cabazas, ..., que se poden recoller no outono.




Estaría ben saber máis deles: o tempo que hai dende que os dá a terra galega, as datas concretas nas que se producen, se os hai noutros lugares, se son comestibles, se se poden cultivar nas leiras, se é rendible a súa venda, se hai festas ou conmemoracións asociadas coa súa recollida, xeitos de cociñalos nos casos en que sexa posible, ...
Diante dun conflito. Actitudes.

Son frecuentes as situacións de conflito de intereses no ambiente escolar. Se producen moitas veces roces, "piques",  "piques", enfrontamentos, ..., que poden comezar de broma, pero que non acaban do mesmo xeito.
Ante estes conflitos, existen unhas actitudes que favorecen que se solucionen, e hai outras que engaden “leña ao lume”























Conclusións dos traballos de grupo feitos na clase:


  • Grupo 1 (4 compoñentes)
A maioría do grupo pensamos que non hai que usar a violencia porque non nos leva a ningún sitio, pero tamén hai alguén do grupo que pensa que se lle pegas á persoa que se mete contigo despois te terá medo.
  • Grupo 2 (4 compoñentes)
Pensamos que unha gran maioría dos comentaristas están moi de acordo co cartel,pero outras persoas non pensan o mesmo,pois din que aveces a violencia fai faia,pero aínda así moita xente pensa que a mellor solución para o conflicto e o diálogo,e nos estamos moi de acordo con eso.
  • Grupo 3 (4 compoñentes)

Por que los conflictos siempre nos lleva a la violencia? Por que no dialogar como seres civilizados?

Pues nuestro grupo piensa que hay que recurir al dialogo antes que la violencia por que nos enseñan a razonar a todos los seres vivos desde pequeños nos enseñan una cierta legua para dialogar mediante un dialogo por que es mejor dialogar por que si no sales lastimado.
  • Grupo 4 (4 compoñentes)
-->
PARTICIPANTES: Noelia, Alberto, Ismael y Aaron.


A maioria do grupo pensamos que non hai que recurrir sempre a violencia, que con falalo coa persoa podese arreglar, pero unha persoa pensa que se che pegan que o mellor e devolverlla, e que se che pegan teras que devolverlla.




  • Grupo 5 (4 compoñentes)
Cheve
Inuyasha
Skate Metallica
jajaja

Nº de comentarios: 31 comentarios.
A favor: 16        En contra: 15
3 piensan que la ley del más fuerte es la mejor solución menos Inuyasha que piensa que hay   que hablar.







miércoles, 17 de octubre de 2012

Este xoves virá Marga a clase para practicar sobre o blog da biblioteca.