domingo, 15 de septiembre de 2013

Viaxe de fin de curso

Tódolos anos o IES As Mariñas planifica para o alumnado da ESO unha actividade de fin de curso que consiste nunha viaxe con carácter lúdico y didáctico.

Este curso elixiuse Lugo e Foz e a visita tivo lugar o día 20 de xuño pasado.

A visita a Lugo contemplou os seguintes eventos:
  • ·        Recorrido variado pola parte antiga da cidade.
  • ·        Recorrido específico comentado pola Muralla.
  • ·        Visita guiada ao Museo Provincial.

En Foz, os obxectivos foron principalmente lúdicos:
  • ·        Compartir como grupo comida ao aire libre e entretemento.
  • ·        Estadía na praia con xogos e baño.
  • ·        Paseo pola cidade.


Este vídeo mostra imaxes ilustrativas do que foi a visita e foi elaborado por unha persoa do grupo e entregado como un fermoso agasallo de fin de curso de todo o grupo ao seu titor.


Moitas grazas.

lunes, 26 de noviembre de 2012

Recollida solidaria de alimentos, xoguetes, ..., para a Cruz Vermella

Por iniciativa do alumnado do segundo curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, estanse a recoller principalmente alimentos, para axudar á Cruz Vermella na súa teima admirable e solidaria, para atender a quen máis o necesita.

Pódense traer principalmente alimentos, pero tamén algún xoguete ou obxecto que poida aliviar algo a situación das familias máis desfavorecidas.

Se te animas a colaborar, debes saber que os alimentos non perecederos son os adecuados, xa que é desexable unha longa duración para que cheguen aos seus destinatarios finais en bo estado. Así pois, pasta, arroz,  conservas, aceites, bebidas, ..., poden resultar o mellor para axudar.

A campaña durará ata o 5 de decembro.

Anímate e colabora traendo algunha cousa, por pequena que sexa. Moitos grans fan unha montaña.

Tamén podes engadir algún comentario sobre o que trouxeches ou vas traer, ou de ánimo a esta iniciativa.

Podemos felicitarnos tod@s polo éxito desta iniciativa:
¡¡¡Máis de 400 kg de alimentos!!!
Vaian cos nosos mellores desexos.

jueves, 22 de noviembre de 2012

Traballo sobre os climas e as paisaxes do mundo




A profesora de Ciencias Sociais, Merchi Orjales, propón este interesante traballo:

   Imos realizar unha serie de presentacións (power-point ou equivalente) sobre os climas do mundo.
   Para isto, dividirei a clase por parellas (aínda que alguén terá que traballar só). Cada parella encargarase de elaborar unha sinxela, pero ben traballada, presentación sobre un dos oito grandes climas e paisaxes do mundo.
   Non se trata de facer traballos longuísimos, senón ben elaborados, claros e limpos.
   Se están ben feitos, colgareinos na Aula Virtual para que podades velos todos/as dende a casa ou calquera outro lugar.
   Nun principio, o traballo farémolo na clase de Sociais, pero poderedes empregar tamén algunha clase de titoría ou proxecto inderdisciplinar (xa o falei co voso titor/a).
   Cando todas as presentacións estean feitas verémolas na aula.
   ÁNIMO, este é o primeiro traballo importante do curso!!!

miércoles, 14 de noviembre de 2012


Programa diversidade cultural




Ante a existencia no noso Centro de alumnado de diferentes nacionalidades, e a iniciativa do Departamento de Orientación do Instituto vaise desenvolver nos diferentes cursos da ESO, un programa interdisciplinar de diversidade cultural.

Este programa se realizará como traballo da clase de titoría e contará cunha posta en común do material elaborado polos diferentes grupos.

As nacionalidades do alumnado da ESO, existentes no Centro actualmente son as seguintes:


-       ARXENTINA
-       BRASIL
-       EEUU
-       FRANCIA
-       ROMANÍA
-       MOLDAVIA
-       PERÚ
-       REPÚBLICA DOMINICANA
-       VENEZUELA
-       COLOMBIA
-       SUIZA
-       ESPAÑA

Podemos poñernos en folga?

Na Lei Orgánica 2/2006, na Disposición derradeira primeira aparece a modificación da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación:

«1. Todos os alumnos teñen os mesmos dereitos e deberes, sen máis distincións que as derivadas da súa idade e do nivel que estean cursando.»  (…)
«Co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos nos centros educativos e facilitar o seu dereito de reunión, os centros educativos establecerán, ao elaborar as súas  normas de organización e funcionamento, as condicións en que os seus alumnos poden exercer este dereito. Nos termos que establezan as administracións educativas,as decisións colectivas  que adopten os alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria obrigatoria, con respecto á asistencia á clase non terán a consideración de faltas de conduta nin serán  obxecto de sanción, cando estas fosen resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan comunicadas previamente á dirección do centro


É dicir, o alumno ten dereito a non ser sancionado disciplinariamente e a que non se lle teña en conta como falta de conduta o feito de non acudir a clase, sempre e cando se dean os seguintes requisitos:
1º que os alumnos sexan de 3º da ESO, ou dun curso superior.
2º que a inasistencia a clase sexa o resultado dunha decisión colectiva.
3º que tal decisión sexa comunicada previamente á dirección do centro.

Podes consultar máis neste blog.

Sobre todo isto conviña establecer:

  1. Que é unha folga?
  2. É legal? Está recoñecida nalgunha lei?
  3. Por que hai folgas?
  4. Que lle pasa a unha persoa cando se pon en folga? Poden sancionala?
  5. Poñerse en folga é una decisión individual ou colectiva?
  6. Cando hai folga, se pode ir traballar?
  7. Que é un piquete? Que funcións pode ter? 




jueves, 8 de noviembre de 2012

Unha "importante" noticia difundida en varios xornais e na TVG



El pie de Thiago


La naturaleza es caprichosa y tan sorprendente como la zanahoria que el dueño del bar Xoxe's obtuvo en su huerto y ahora guarda como talismán en la nevera de su establecimiento.
El tubérculo es excepcional pues tiene la forma exacta de un pie con todas sus partes, desde el talón a las cinco falanges y mide unos diez o quince centímetros de longitud.
Y las casualidades se han sumado en este hallazgo, de modo que en el restaurante pronto bautizaron la extremidad como el "pie de Thiago".
Ocurre que el Xoxe´s es una de las principales sedes de las peñas barcelonistas de Vilagarcía y la rolliza zanahoria se recogió precisamente hace una semana, coincidiendo con el feliz natalicio del hijo del que se cree mejor futbolista del mundo en estos momentos. Por ello, los fans del Barça decidieron bautizar la zanahoria como el "pie de Thiago" pues como se puede observar en la foto tiene esa forma de la extremidad de un bebé.
En el bar decidieron conservar este amuleto y lo cierto es que los forofos del equipo culé han tenido mucha suerte con el Celta de Vigo, al que metieron tres goles el último partido.
De momento, la zanahoria se conserva aceptablemente en el congelador y raro es el día que alguien no quiere verla porque ya hay quien cree que tiene efectos de suerte no solo para Messi sino para el equipo de Vilanova.
Por eso, en el Xoxe's pretenden que se conserve toda la Liga y por ello seguirá en el congelador hasta que aguante.
....


Se fas un comentario ao respecto, gustaríanos que valoraras de 0 a 10, os seguintes aspectos:
  1. A importancia da noticia.
  2. O curiosa que resulta.
  3. O interese que ten para quen a le.
  4. O interese informativo.
  5. O adecuado que resulta que saia pola televisión.


miércoles, 7 de noviembre de 2012


A porta misteriosa

No baixo do Centro, atópase esta enigmática e decorativa porta:



Disque tras dela atópanse miles de persoeiros na espera de ser coñecidos por alguén, e mesmo pódese  saber o que din ou o que dixeron hai tempo.
Calquera que coñeza os seus segredos, debería contalos aos demais.