miércoles, 14 de noviembre de 2012

Podemos poñernos en folga?

Na Lei Orgánica 2/2006, na Disposición derradeira primeira aparece a modificación da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación:

«1. Todos os alumnos teñen os mesmos dereitos e deberes, sen máis distincións que as derivadas da súa idade e do nivel que estean cursando.»  (…)
«Co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos nos centros educativos e facilitar o seu dereito de reunión, os centros educativos establecerán, ao elaborar as súas  normas de organización e funcionamento, as condicións en que os seus alumnos poden exercer este dereito. Nos termos que establezan as administracións educativas,as decisións colectivas  que adopten os alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria obrigatoria, con respecto á asistencia á clase non terán a consideración de faltas de conduta nin serán  obxecto de sanción, cando estas fosen resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan comunicadas previamente á dirección do centro


É dicir, o alumno ten dereito a non ser sancionado disciplinariamente e a que non se lle teña en conta como falta de conduta o feito de non acudir a clase, sempre e cando se dean os seguintes requisitos:
1º que os alumnos sexan de 3º da ESO, ou dun curso superior.
2º que a inasistencia a clase sexa o resultado dunha decisión colectiva.
3º que tal decisión sexa comunicada previamente á dirección do centro.

Podes consultar máis neste blog.

Sobre todo isto conviña establecer:

  1. Que é unha folga?
  2. É legal? Está recoñecida nalgunha lei?
  3. Por que hai folgas?
  4. Que lle pasa a unha persoa cando se pon en folga? Poden sancionala?
  5. Poñerse en folga é una decisión individual ou colectiva?
  6. Cando hai folga, se pode ir traballar?
  7. Que é un piquete? Que funcións pode ter? 




3 comentarios:

  1. si que necesitamos las guelgas por que 2 dias a la semana durante un año no sirve de nada

    ResponderEliminar
  2. necesitamos 10 dias de clase al mes

    ResponderEliminar