jueves, 22 de noviembre de 2012

Traballo sobre os climas e as paisaxes do mundo




A profesora de Ciencias Sociais, Merchi Orjales, propón este interesante traballo:

   Imos realizar unha serie de presentacións (power-point ou equivalente) sobre os climas do mundo.
   Para isto, dividirei a clase por parellas (aínda que alguén terá que traballar só). Cada parella encargarase de elaborar unha sinxela, pero ben traballada, presentación sobre un dos oito grandes climas e paisaxes do mundo.
   Non se trata de facer traballos longuísimos, senón ben elaborados, claros e limpos.
   Se están ben feitos, colgareinos na Aula Virtual para que podades velos todos/as dende a casa ou calquera outro lugar.
   Nun principio, o traballo farémolo na clase de Sociais, pero poderedes empregar tamén algunha clase de titoría ou proxecto inderdisciplinar (xa o falei co voso titor/a).
   Cando todas as presentacións estean feitas verémolas na aula.
   ÁNIMO, este é o primeiro traballo importante do curso!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario